Saltar ao contido

Monteagudo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Monteagudo».
  • Etimoloxía: do latín monte acūtu («monte agudo»). O lugar da parroquia de Codeseda recibe a súa denominación dun monte de cume moi agudo situado nas súas proximidades. Está documentado no ano 1575 como lugar y casal de Monteagudo.[1]
  • Pronuncia: /montaˈɣuðo̝/ ou /monte̯aˈɣuðo̝/ (AFI)

Topónimo

Monteagudo

Igrexa de San Tomé de Monteagudo, en Arteixo.
Capela de Monteagudo, no lugar de Monteagudo da parroquia de Codeseda, na Estrada.
Illa de Monteagudo, nas illas Cíes.
  1. (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello de Arteixo, na comarca da Coruña, na provincia da Coruña.
  2. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Monteagudo, no concello de Arteixo, na comarca da Coruña, na provincia da Coruña.
  3. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Codeseda, no concello da Estrada, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes, na provincia de Pontevedra.
  4. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Piñeira, no concello da Fonsagrada, na comarca da Fonsagrada, na provincia de Lugo.
  5. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de San Pedro do Incio, no concello do Incio, na comarca de Sarria, na provincia de Lugo.
  6. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Colúns, no concello de Mazaricos, na comarca do Xallas, na provincia da Coruña.
  7. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia dos Devesos, no concello de Ortigueira, na comarca do Ortegal, na provincia da Coruña.
  8. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Vales, no concello de San Cristovo de Cea, na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense.
  9. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Pezobrés, no concello de Santiso, na comarca da Terra de Melide, na provincia da Coruña.
  10. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Roade, no concello de Sobrado, na comarca da Terra de Melide, na provincia da Coruña.
  11. (Toponimia de Galicia) Illa do arquipélago das illas Cíes, no concello de Vigo, na comarca de Vigo, na provincia de Pontevedra.

Termos relacionados

Referencias

  1. Cabeza Quiles, Fernando (2018): Toponimia da Estrada. A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, p. 98. ISBN 978-84-947823-6-7. DOI: 10.32766/rag.336.
  2. 2,0 2,1 Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (2026): Nomenclátor de Galicia 2026. A Coruña: Real Academia Galega, pp. 17 e 140. DOI: 10.32766/rag.461.