Saltar ao contido

Loimil

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Loimil».
  • Etimoloxía: dunha antiga (villa) Leudemiri ou (villa) Lodemiri, «vila de Leudemirus ou Lodemirus», a partir do xenitivo dun nome persoal de orixe xermánica formado por *leud- («xente, pobo») e a forma latinizada -mirus, do gótico -mêreis («famoso»). O topónimo aparece documentado como Luymir en 1368 e Santa María de Loymill en 1528.
  • Pronuncia: /lojˈmil/ (AFI)

Topónimo

Loimil

Igrexa parroquial de Santa María de Loimil, na Estrada.
Ábsida románica da igrexa parroquial de Santa María de Loimil.
  1. (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello da Estrada, na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, na provincia de Pontevedra.

Termos relacionados

Véxase tamén

Referencias