Saltar ao contido

Lagos

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Lagos».
  • Etimoloxía: do plural de lago, do latín lacus; os topónimos fan referencia a varias masas de auga doce permanentes ou temporais.[1]
  • Pronuncia: /ˈlaɣo̝s/ (AFI)

Topónimo

Lagos

  1. (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello de Láncara, na provincia de Lugo.
  2. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Lagos, no concello de Láncara, na provincia de Lugo.
  3. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de San Miguel de Castro, no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra.
    • Observacións: O nome fai referencia a varias masas de auga doce permanentes ou temporais, que puideron estar asociadas a unha pequena corrente fluvial. Nun documento de 1769 do Arquivo Histórico da Universidade de Santiago aparece unha muller chamada Juana de Lagos, natural desta parroquia.[1]
    • Véxase tamén: Vexa o artigo «Lagos, San Miguel de Castro, A Estrada» na Galipedia.
  4. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Reigosa, no concello de Pastoriza, na provincia de Lugo.

Termos relacionados

Véxase tamén

Referencias

  1. ↑ 1,0 1,1 Cabeza Quiles, Fernando (2018): Toponimia da Estrada, A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, p. 89. ISBN 978-84-947823-6-7. DOI: 10.32766/rag.336.
  2. ↑ Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (2026): Nomenclátor de Galicia 2026, A Coruña: Real Academia Galega, pp. 15 e 76. DOI: 10.32766/rag.458.