Saltar ao contido

Fafián

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Fafián».
  • Etimoloxía: do antropónimo xermánico Fáfila. Cabeza Quiles considera máis probable a evolución desde *(villa) Fafilane(m) e, con menor probabilidade, desde *(villa) Fafilani;[1] Navaza propón directamente a evolución Fafián < Fafilani.[2]
  • Pronuncia: /fafiˈaŋ/ (AFI)

Topónimo

Fafián

  1. (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello de Rodeiro, na provincia de Pontevedra.
  2. (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello de Sarria, na provincia de Lugo.
  3. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Fafián, no concello de Rodeiro, na provincia de Pontevedra.
  4. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de San Xiao de Vea, no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra.
  5. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Pías, no concello de Lugo, na provincia de Lugo.
  6. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Trasmonte, no concello de Oroso, na provincia da Coruña.
  7. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Ribeira, no concello de Ribeira, na provincia da Coruña.

Termos relacionados

Referencias

  1. ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2018): Toponimia da Estrada, A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, p. 69. DOI: 10.32766/rag.336.
  2. ↑ Navaza Blanco, Gonzalo (2009): «Parroquias e toponimia», en Fernando García Pazos (coord.), A parroquia en Galicia: pasado, presente e futuro, Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, pp. 181–204, especialmente p. 187. Consulta en liña.
  3. ↑ Xunta de Galicia (2026): Nomenclátor de Galicia 2026, p. 119.