Curantes
Aparencia
Galego
Etimoloxía: de probable orixe prerromana. Segundo Cabeza Quiles, podería tratarse dun antigo xentilicio: se o elemento inicial Cur- procede da raíz oronímica prerromana *kor-, *korr- «altura, altura pedrosa», relacionada con topónimos como Cora, Cures e A Curota, Curantes podería significar «os habitantes das alturas, os montañeses», interpretación acorde coa accidentada orografía da parroquia. Alternativamente, o topónimo podería ter un significado puramente xeográfico, referido a algunha forma do terreo ou das augas. Cabeza Quiles relaciona tamén a súa formación, polo sufixo -nt-, con topónimos como Serantes e Cesantes. Documéntase en 1255 na expresión Petrus Alfonsi miles de Curantes e en 1569 como San Miguel de Curantes.[1]
Pronuncia: /kuˈɾante̝s/ (AFI)
Curantes

- (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello da Estrada, na provincia de Pontevedra.
- Sinónimos: San Miguel de Curantes.
- Véxase tamén: Lugares da parroquia: Cortes, Curantes Novo, Curantes Vello, Esmorís, O Fieitoso, A Nogueira, A Pena Barreira, As Pereiras, O Porto, Pousada, San Martiño e Sinteiro.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Curantes, A Estrada» na Galipedia.
Hidrónimo
Curantes
- Río da provincia de Pontevedra, afluente do río Liñares.
Termos relacionados
- Cora
- Cures
- A Curota
- Curantes Novo
- Curantes Vello
- río Curantes
- San Miguel de Curantes
- Serantes
- Cesantes
Referencias
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2018): Toponimia da Estrada. A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, p. 64. ISBN 978-84-947823-6-7.
