Saltar ao contido

Cruces

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     crucés

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Cruces».
  • Etimoloxía: plural de cruz, do latín crucem («cruz»). Os topónimos poden facer referencia a varias cruces ou cruceiros de pedra, frecuentemente situados en cruzamentos de camiños, ou aos propios cruzamentos. No caso de Cruces, en Padrón, o topónimo aparece inicialmente en singular, como Cruce ou Cruz, referido a un cruceiro ou cruz, e pasou ao plural durante a Idade Media; está documentado como Sancta Maria de Cruce en 1115 e 1116, Santa Marie de Cruz en 1390 e xa Cruces en 1492.[1] Para o lugar de Baloira, na Estrada, Fernando Cabeza Quiles sinala que pode referirse tanto a cruces ou cruzamentos de camiños coma a varias cruces de pedra colocadas nesas interseccións.[2]
  • Pronuncia: /ˈkɾuθe̝s/ (AFI)

Topónimo

Cruces

Igrexa parroquial de Santa María de Cruces, en Padrón.
  1. (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello de Padrón, na comarca do Sar, na provincia da Coruña.
  2. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia homónima, no concello de Padrón, na provincia da Coruña.
  3. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Corcoesto, no concello de Cabana de Bergantiños, na provincia da Coruña.
  4. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Baloira, no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra.
  5. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Lobios, no concello de Lobios, na provincia de Ourense.
  6. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Abavides, no concello de Trasmiras, na provincia de Ourense.

Termos relacionados

Véxase tamén

Referencias

  1. ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2025): Toponimia de Padrón e Pontecesures, A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, páx. 39. DOI: 10.32766/rag.451. ISBN 978-84-17807-49-8.
  2. ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2018): Toponimia da Estrada, A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, páx. 63. DOI: 10.32766/rag.336. ISBN 978-84-947823-6-7.
  3. ↑ Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (2026): Nomenclátor de Galicia 2026, A Coruña: Real Academia Galega, páxs. 50 e 164. DOI: 10.32766/rag.461.