Saltar ao contido

Conversa:tañeira

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Nova sección
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

O étimo é < latín *tignaria - Montes

sobre segunda solución

[editar]

De tangere paréceme difícil, a evolución normal é tanxer ou tanguer (esta é a admitida normativamente), mais non imposible. A evolución viría dada pola tranformación do -g- nun iode, é dicer que de tangere pasase a *tanjere /*taniere, sendo entón doada a transformación -ni- > -ñ-, esa é precisamente a evolución castelá de tañer. Ora ben semanticamente esta solución paréceme máis complicada.

Taño "vaixela" penso que non ten que ver. A bote-pronto ocórreseme que é unha variante de tallo, con confusión -ll- por-ñ- como ocorre entre, p.ex. tuña e tulla. O caso comprobo que concorre en portugués onde há talha "vaso grande para água, azeite, etc" e o dialectal tanho "seirâo de forma cilíndrica para guardar cereais". Para o primeiro, os dicionaristas (Alemeida e Sampaio) propoin < *tinacula (> o castelán tinaja). A diferencia de xénero é similar á de cesto / cesta, caldeiro /caldeira, buraca / buraco, etc, o que se ven chamando xénero dimensional. - Montes, 21 de decembro de 2007, 18:58