Conversa:catáfilo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
do Galizionario, dicionario galego na Internet.

philos e phyllon[editar]

Creo que as palabras con philos (amante de, por exemplo anemófilo) son esdrúxulas e as con phyllon (folla, por exemplo nomofilo) son graves. Un exemplo é a diferenza entre organismo mesófilo (amante de condicións intermedias de temperatura, presión ou do que sexa) e mesofilo (tecido intermedio das follas das plantas). Por tanto diremos clorofila e non clorófila (e xantofila, nomofilo, megafilo, etc.) pero acidófilo e non acidofilo (e hipertermófilo, entomófilo, hidrófilo). No dicionario da Academia e no DiGalego poden verse exemplos. No DiGalego din catáfilo na entrada, que sería un erro, pero din catafilo na definición doutras entradas, por exemplo na definición de nomofilo, e este caos téñeno noutras entradas e palabras das definicións, que non coinciden, para que se vexa o confuso que pode ser isto. Debería comprobarse isto para estarmos seguros. Miguelferig (conversa) 22 de xaneiro de 2024 ás 21:37 (UTC)[responder]