Cereixo
Aparencia
| Grafías semellantes: cereixo |
Galego
Etimoloxía: probablemente dunha raíz hidronímica prerromana *cer- ou *ser-, quizais a mesma presente no hidrónimo Sar, relacionada co elemento auga e referida a unha corrente ou auga en movemento. Segundo Cabeza Quiles, os topónimos galegos Cereixo, Cereixa e Cerezo, malia a súa semellanza cos nomes da cereixa e da cerdeira, deben ser en moitos casos hidrotopónimos prerromanos. A igrexa de San Xurxo de Cereixo, na Estrada, está situada xunto ao río de Curantes, e a parroquia de Cereixo de Vimianzo é atravesada por correntes fluviais. O Cereixo estradense aparece coa forma actual en varios documentos do século XVI.[1]
Pronuncia: /θeˈɾejʃo̝/ (AFI)
Cereixo


- (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello da Estrada, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes, na provincia de Pontevedra.
- Sinónimos: San Xurxo de Cereixo.
- Véxase tamén: Lugares da parroquia: Costenla, A Igrexa, O Mollarrabo, Pernaviva, Os Piornos, Quintas, Señoráns, Vilapouca, Viso de Abaixo e Viso de Arriba.
- Observacións: No Nomenclátor de Galicia de 2003 o lugar do Mollarrabo figuraba como Mollarrabo; no Nomenclátor de Galicia de 2026 oficializouse a forma con artigo, O Mollarrabo.[2]
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Cereixo, A Estrada» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello de Vimianzo, na comarca da Terra de Soneira, na provincia da Coruña.
- Sinónimos: Santiago de Cereixo.
- Véxase tamén: Lugares da parroquia: Cereixo, Cures, A Esquipa, Tufións e Vilar.
- Observacións: No Nomenclátor de Galicia de 2003 o lugar actualmente chamado Cereixo figuraba como Porto de Cereixo; no Nomenclátor de Galicia de 2026 oficializouse a forma Cereixo.[2]
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Cereixo, Vimianzo» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Cereixo, no concello de Vimianzo, na comarca da Terra de Soneira, na provincia da Coruña.
- Observacións: No Nomenclátor de Galicia de 2003 figuraba como Porto de Cereixo; no Nomenclátor de Galicia de 2026 oficializouse a forma Cereixo.[2]
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Cereixo, Cereixo, Vimianzo» na Galipedia.
Hidrónimo
Cereixo
Termos relacionados
Referencias
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2018): Toponimia da Estrada. A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, pp. 53–54. ISBN 978-84-947823-6-7. DOI: 10.32766/rag.336.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (2026): Nomenclátor de Galicia 2026. A Coruña: Real Academia Galega. DOI: 10.32766/rag.461.
