Saltar ao contido

Barcala

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Barcala».
  • Etimoloxía: de orixe prerromana e significado probablemente orohidronímico. Edelmiro Bascuas relaciona o topónimo coa raíz indoeuropea *bher- («brotar, fluír») e cun antigo sufixo prerromano -alo/-allo. Fernando Cabeza Quiles considera tamén posible unha base prerromana *barc- («depresión»), en referencia a unha concavidade ou depresión do terreo percorrida por un curso de auga; esta motivación concorda coa orografía e hidrografía dos distintos lugares galegos chamados Barcala ou A Barcala. As dúas parroquias estradenses aparecen na documentación medieval como villas Barcalla; Sanctum Micahelem de Barcala está documentado en 1032, e en 1390 constan San Miguel de Barcala e Santa Mariña de Barcala.[1]
  • Pronuncia: /baɾˈka.la/ (AFI)

Topónimo

Barcala

Igrexa de Santa Mariña de Barcala, na Estrada.
Igrexa de San Xoán de Barcala, na Baña.
  1. (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello da Estrada, na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, na provincia de Pontevedra.
  2. (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello da Baña, na comarca da Barcala, na provincia da Coruña.

Hidrónimo

Barcala

Río Barcala ao seu paso por Covas, en Negreira.
  1. Río da provincia da Coruña, afluente pola marxe dereita do río Tambre.

Termos relacionados

Referencias

  1. Cabeza Quiles, Fernando (2018): Toponimia da Estrada, A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, páxs. 29-30. DOI: 10.32766/rag.336. ISBN 978-84-947823-6-7.
  2. Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (2026): Nomenclátor de Galicia 2026, A Coruña: Real Academia Galega, páx. 32. DOI: 10.32766/rag.461.