Barbude
Aparencia
Galego
Etimoloxía: da forma histórica Barbudo, correspondente a barbudo, coa relaxación da vogal final -o en -e. O topónimo está documentado como Barvudo en 947, aplicado ao actual castro de Barbude, antigamente chamado Castro Barbudo; no século XVI aínda se documenta Barbudo, mentres que no Catastro de Ensenada de 1752 aparece xa Barbude. Segundo Edelmiro Bascuas e Fernando Cabeza Quiles, probablemente é un fitotopónimo: barbudo puido aplicarse metaforicamente a alturas cuxas ladeiras cubertas de vexetación lembraban os pelos dunha barba, ou ben a determinadas plantas con raíces ou apéndices semellantes a barbas. O lugar homónimo da parroquia de Ribeira podería ser un traslado do nome da parroquia de Barbude, coa que linda.[1]
Barbude

- (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello da Estrada, na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, na provincia de Pontevedra.
- Sinónimos: San Martiño de Barbude.
- Véxase tamén: Lugares da parroquia: As Carballas de Abaixo, As Carballas de Arriba, San Martiño e Trasmonte.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Barbude, A Estrada» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Ribeira, no concello da Estrada, na provincia de Pontevedra.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Barbude, Ribeira, A Estrada» na Galipedia.
Termos relacionados
Referencias
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2018): Toponimia da Estrada, A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, páxs. 28-29. DOI: 10.32766/rag.336. ISBN 978-84-947823-6-7.
