Saltar ao contido

Bandoxa

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Bandoxa».
  • Etimoloxía: dun hidrónimo prerromano, probablemente céltico, que Edelmiro Bascuas reconstrúe como *Bandovia, sobre a raíz *band- («gotear, manar»). O nome puido designar primitivamente o río Niñatos, a cuxa beira se sitúa Bandoxa. Documéntase como Bandoia en 830, Bandogia en 1118, 1164 e 1186, Bandoga en 1157 e Bandugia en 1162.[1]
  • Pronuncia: /banˈdoʃa̝/ (AFI)

Topónimo

Bandoxa

Igrexa románica de San Martiño de Bandoxa.
Situación de Bandoxa no concello de Oza Cesuras.
  1. (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello de Oza Cesuras, na provincia da Coruña.
  2. (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Bandoxa, no concello de Oza Cesuras, na provincia da Coruña.

Termos relacionados

Referencias

  1. Bascuas, Edelmiro (2007): «Aquis Ocerensis, diosa Ocaera, monte Ugeres y O Gerês: ¿*oger- o *uger-?», Palaeohispanica. Revista sobre lenguas y culturas de la Hispania Antigua, 7, pp. 43–54; especialmente p. 52.
  2. Xunta de Galicia (2026): «Decreto 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia», Diario Oficial de Galicia, núm. 66, 10 de abril de 2026.