Axuda:Como navegar polo Wiktionary
Aparencia
Para aqueles que acaban de chegar ao Galizionario, velaquí tedes varias suxestións para explorar os seus contidos:
- Procura artigos. Usa a caixiña na barra lateral esquerda, onde pon procura, e preme nun dos botóns ou preme na tecla Intro. Se non existe un artigo con ese título, levarásete a unha páxina en que poderás procurar en Google e atopar ese termo en todos os artigos do Galizionario.
- Salta de artigo en artigo através das ligazóns que atoparás nas entradas.
- Vai a unha páxina ao chou. Preme na ligazón que pon Páxina aleatoria na barra lateral esquerda, baixo navegación. Agárdanche moitas sorpresas por descubrir.
- Pasea polas categorías en que está organizado o coñecemento. Procura en Wiktionary:Categorías.
- Consulta as mudanzas máis recentes no dicionario. Preme na ligazón aos Cambios recentes da barra lateral esquerda. Na parte superior desta páxina atoparás ligazóns de moita utilidade:
- os diversos proxectos irmáns do Galizionario,
- páxinas varias de axuda (a especial de Mantemento, as dos Wikiproxectos, a que proporciona modelos para darlle homoxeneidade aos artigos, a que recolle a política e normas acordadas entre os colaboradores e a que explica como indicar a licenza das imaxes que se publiquen;
- as seccións de conversa dos usuarios, nomeada a Taberna,
- e o número actual de artigos (que, por certo, hai uns segundos era de 85.883 - aumentaría xa?).
- Usa a lista de vixilancia para seguirlle a pista ás modificacións que se lle fagan a unha páxina determinada. Isto só é posíbel cando se está rexistrado.
- Examina as páxinas que teñen unha ligazón coa que estás lendo. Preme na ligazón a O que liga aquí da barra lateral esquerda, na caixa de ferramentas. Esta función vale tamén para páxinas que aínda non existen (pode que haxa ligazóns cara a elas, o cal resulta moi útil para crealas). O botón O que liga aquí aparece tamén na páxina de edición, á que se chega cando se activa unha ligazón inexistente.
- Utiliza as páxinas especiais. Preme nas Páxinas especiais na barra lateral da esquerda.
Volver á páxina de Axuda. |