Agar
Aparencia
Galego
Pronuncia: [aˈɣaɾ] (AFI)
Agar1
Agar
Agar2
Etimoloxía: no caso da parroquia da Estrada, do latín medieval Acarii, xenitivo do antropónimo Acarius, de posible orixe hispano-celta, en referencia ao lugar de traballo e habitación dun posesor chamado Acarius. Cabeza Quiles considera da mesma orixe o topónimo Agar de Muxía e outros topónimos homónimos de Mazaricos.[1]
Agar

- (Toponimia de Galicia) Parroquia do concello da Estrada, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes, na provincia de Pontevedra.
- Sinónimos: Santa Mariña de Agar.
- Véxase tamén: Lugares da parroquia: Gonxar, Gueifas, A Lagoa, O Outeiro, Paraxó, A Pedreira, A Pena do Foxo, Penalobeira, Pepe, O Río, Sorribas, O Souto e Valiñas.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Agar, A Estrada» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Beba, no concello de Mazaricos, na comarca do Xallas, na provincia da Coruña.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Agar, Beba, Mazaricos» na Galipedia.
- (Toponimia de Galicia) Lugar da parroquia de Coucieiro, no concello de Muxía, na comarca de Fisterra, na provincia da Coruña.
- Véxase tamén: Vexa o artigo «Agar, Coucieiro, Muxía» na Galipedia.
Termos relacionados
Véxase tamén
Referencias
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando (2018): Toponimia da Estrada. A Coruña: Real Academia Galega e Asociación Galega de Onomástica, páx. 18. DOI: 10.32766/rag.336. ISBN 978-84-947823-6-7.
- Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (2026): Nomenclátor de Galicia 2026, A Coruña: Real Academia Galega.
