Saltar ao contido

ámbar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «ámbar».
Insecto fosilizado nun fragmento de ámbar
  • Pronuncia: /'am.baɾ/ (AFI)

Substantivo masculino

ámbar
(sg: ámbar; pl: ámbares)

  1. (Bioloxía) Resina fósil, de cor amarela, semitransparente (ou mesmo opaca), de olor agradábel, que se utiliza para elaborar xoias e obxectos ornamentais.
    • Exemplo: Os homes do Neolítico xa usaban adornos feitos con ámbar.

  2. (Por extensión) Cor amarela intensa.

Termos relacionados

Traducións