ábsida
Aparencia
Galego
- Pronuncia: [ˈab.si.ðɐ] (AFI)
ábsida (sg: ábsida; pl: ábsidas)
- (Arquitectura) Parte rectangular, semicircular ou poligonal detrás do altar e que sobresae da fachada exterior dunha igrexa. Orixinalmente era un nicho no que se colocaba a estatua dunha deidade nos templos romanos. Os templos paleocristiáns construíronse baseados nas basílicas romanas, e a ábsida integrouse o presbiterio e o altar. Na Idade Media xeralizouse o emprego da ábsida, converténdose nun dos elementos máis característicos da arquitectura románica, bizantina e gótica. As ábsidas pequenas nas que remata unha nave lateral denomínanse absidiolas.
Traducións
- Francés: abside (fr)
- Africáner: halfrond (af)
- Alemán: Apsis (de), Apside (de)
- Inglés: apse (en), apsis (en)
- Catalán: àbsida (ca), absis (ca)
- Castelán: ábside (es)
- Esperanto: absido (eo)
- Ido: absido (io)
- Italiano: abside (it)
- Neerlandés: apsis (nl), koornis (nl), apside (nl)
- Occitano: absida (oc)
- Polaco: apsyda (pl)
- Portugués: ábside (pt)
- Sueco: absid (sv)