baile

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «baile».
  • Pronuncia: /ˈbaj.le̝/ (AFI)

Substantivo masculino

Parella de baile de salón

baile (sg: baile; pl: bailes)

  1. (Arte) Actividade ou arte, menor que a danza, consistente en adaptar os movementos do corpo á música que se oe.
    • Exemplo: Formo parte dun grupo de baile tradicional galego.

  2. Arte de bailar.
    • Exemplo: É un mestre no baile flamenco.

  3. Festa á que acoden persoas co fin de bailar.
    • Exemplo: Fomos ao baile do casino.

  4. Cada unha das pezas que se bailan.
    • Exemplo: Aquela moza só me concedeu un baile no guateque.

  5. Peza musical destinada a ser bailada.
    • {{exemplo|
  6. Cada unha das maneiras de bailar suxeitas a unha regra.
    • Exemplo: O tango é un baile orixinado na rexión do Río da Prata.

  7. Alteración, por equivocación, da orde de algo.
    • Exemplo: Tivemos que traballar arreo, houbo un baile de cifras nas facturas.

  8. Cambios de algo na súa configuración, ou de persoas en relación co posto que ocupaban.
    • Exemplo: A Primeira Guerra Mundial creou un baile de fronteiras. A crise orixinou un baile de ministros.

  9. (Literatura) Peza dramática breve do século XVII cuxos principais elementos eran a música, o canto e o baile, e que se representaba xeralmente entre o segundo e o terceiro acto dunha comedia.
    • Exemplo: Son famosos os bailes de Lope.

    • Exemplo: Os boleros son bailes nos que se produce un contacto físico.

  10. (Figurado) Situación complicada da que é difícil saír.
    • Exemplo: En bo baile me metiches.

Sinónimos

Termos relacionados

Véxase tamén

danza

Traducións


Castelán

Substantivo masculino

baile