representar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Entrada incompleta

Esta páxina está marcada para ser completada. Pode axudar no Galizionario completándoa.


  • Pronuncia: // (AFI)|
Actores representado unha obra teatral

Verbo transitivo

representar

  1. Ser un debuxo, unha pintura ou unha escultura a imaxe material ou gráfica de alguén ou de algo real ou abstracto.
    • Exemplo: O decorado do teatro representaba un cstelo medieval.

  2. Reproducir nun debuxo, pintuta, escultura, etc. persoas ou cousas materiais ou abstractas.
    • Exemplo: Goya representou nun cadro os fusilamentos do 2 de maio.

  3. Substituír a alguén ou facer as súas veces nalgunha actividade.
    • Exemplo: O primeiro tenente alcalde tivo que representar ao alcalde.

Verbo intransitivo

representar

  1. Dito dunha persoa ou dunha cousa, importar moito, algo ou pouco.
    • Exemplo: A amizade representa moito para min.