xuliana

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Grafías semellantes:     Xuliana

Galego

  • Pronuncia: /ʃuˈljana̝/ (AFI)

Substantivo feminino

Caldeirada de xuliana

xuliana

  1. (Ictioloxía) Peixe teleósteo mariño (Lophius sp), de corpo ancho e cabeza e boca moi grandes, sen escamas, de cor castaña e ventre branco.
    • Exemplo: A especialidade da casa era a caldeirada de xuliana.

    • Sinónimos: peixe sapo, rabada.

Observacións

Diferénciase do peixe sapo verdadeiro, de peritoneo negro, en que a xuliana ten o peritoneo branco.

Traducións