xarrete

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «xarrete».
  • Pronuncia: [ʃaˈre.tɪ] (AFI)

Substantivo masculino

xarrete (sg: xarrete; pl: xarretes)

  1. (Anatomía) Parte da pata dun animal que vai dende a polpa ata o xeonllo. Asenta sobre o cúbito e radio, nas extremidades anteriores, e a tibia e o peroné, nas posteriores.
  2. (Alimentación) Peza de carne procedente desta rexión do corpo, magra e apropiada para cocer.
    • Observacións: Mediante cortes transversais desta peza -e concretamente do xarrete posterior- obtense o ossobuco, toradas formadas pola carne e a sección do óso correspondente.

Traducións