opaco

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /o.ˈpa.ko̯/ (AFI)

Adxectivo

opaco
(ms: opaco; mpl: opacos; fs: opaca; fpl: opacas)

  1. Que impide o paso da luz.
  2. Escuro, sombrío.
  3. Pouco claro ou pouco compresíbel.
  4. Dito especialmente dunha entidade ou do seu xestor, ou dunha xestión ou dun proceso, que é pouco transparente.

Termos relacionados

córnea opaca