noiro continental

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «noiro continental».
Esquema do noiro continental e a súa relación con outros elementos da marxe continental
  1. (Xeoloxía) O noiro continental é un unha parte da morfoloxía submarina duns 20 km de lonxitude media (pero que pode variar de 8 a 10 km até os 250-270 km, cun forte declive, cunha pendente media de 5° a 7°, aínda que ás veces alcanza os 25º e, en ocasións, rebasa os 50°, que enlaza a plataforma continental coa chaira abisal. Esta unidade morfolóxica esténdese a partir do bordo da plataforma continental desde os 200 m até o 4 000 ou 4 500 m baixo o nivel do mar. Nos noiros poden encontrarse profundos vales e canóns submarinos, escavados polos grandes esvaróns de materiais, xa que a súa orixe está na acumulación sucesiva de sedimentos procedentes, ás veces desde distancias considerábeis, desde os continentes máis proximos. As condicións de vida oceánica fanse moi difíciles polo que, ao contrario das plataformas continentais o volume da biomasa diminúe considerabelmente.