nervio
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín nervu(m), "nervio"
- Pronuncia: /ˈneɾβjo̝/ (AFI)
nervio ----
singular | plural |
nervio | nervios |
- (Anatomía) Estrutura en forma de cordón, formada por unha ou máis fibras nerviosas, que transmiten os impulsos entre o sistema nervioso central e os órganos e tecidos periféricos.
- Exemplo: O corte afectoulle case tódolos nervios e deixoulle a man inútil.
- Termos relacionados: estar dos nervios, poñer dos nervios, nerviosismo, nervioso, neuralxia, neurite, tecido nervioso.
- Exemplo: O corte afectoulle case tódolos nervios e deixoulle a man inútil.
- (Anatomía) Por extensión, fascias, aponeuroses e outras fibras de tecido conxuntivo que por veces aparecen na carne entre as fibras musculares.
- Exemplo: Esa carne ten moito nervio, así que mellor a preparamos guisada.
- Exemplo: Esa carne ten moito nervio, así que mellor a preparamos guisada.
- (Figurado) Forza, enerxía dunha persoa ou animal.
- Exemplo: Este cabalo é un monllo de nervios e non hai quen o domee.
- Exemplo: Este cabalo é un monllo de nervios e non hai quen o domee.
- (Botánica) Vaso que sobresae na folla dunha planta, que conduce o zume.
- (Arquitectura) Moldura que sobresae na superficie dunha bóveda.
- Exemplo: Na intersección dos nervios pode verse un medallón coa figura dun anxo.
- Termos relacionados: nervadura.
- Exemplo: Na intersección dos nervios pode verse un medallón coa figura dun anxo.
- Fío que suxeita as follas dun libro ó lombo.