morrión

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /moriˈoŋ/ (AFI)

Substantivo masculino

morrión (sg: morrión; pl: morrións)

  1. (Historia) Casco de armadura de forma algo cónica que contaba normalmente cunha crista case cortante, tiña unha á ancha, levantada e abarculada que terminaba en punta por diante e por detrás. No cumio, case sempre curvo, presentaba ben unha especie de gancho, uña ou botón, ben unha punta afiada.
  2. (Historia) Chapeu militar cilíndrico, con viseira, sen á, cunha cuarta de altura.
  3. (Botánica) Fungo que ataca o trigo e outros cereais.