moroso

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /mo.ˈro.so/ (AFI)

Adxectivo

moroso (ms: moroso; mpl: morosos; fs: morosa; fpl: morosas)

  1. Que incorre en morosidade.
    • Exemplo: Un debedor moroso

      .
  2. Que anda ou obra con lentitude, que se fai con demora, ou que ocorre lentamente.
    • Exemplo: O arado fendía a terra arrastrado por unha morosa xugada. As horas transcorrían morosas naquelas tardes estivais.

Substantivo

moroso

  1. Individuo que é moroso.
    • Exemplo: Miña cuñada é unha morosa, tarda un mundo en devolverme os cartos que lle empresto. Na tenda teñen unha lista de morosos.