miñoca

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «miñoca».
Miñoca

Substantivo feminino

miñoca (sg: miñoca; pl: miñocas)

  1. (Zooloxía) Nome común de diferentes anélidos (filo Annelida), de corpo segmentado, vermiforme, longo, brando, comúns en lugares húmidos.
    • Exemplo: As unturas con aceite de miñocas (obtido de fritir varias miñocas en aceite de oliva) tiñan sona de ser remedio eficaz contra a gota ou a reuma.

    • Sinónimos: lombriga, mioca
    • Termos relacionados: andar á miñoca, morrer á miñoca
  2. (Zooloxía) Anélido poliqueto que vive nos esteiros e praias.

Traducións