magnético

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /mag.'nɛ.ti.ko̯/ (AFI)

Adxectivo

magnético (ms: magnético; mpl: magnéticos; fs: magnética; fpl: magnéticas)

  1. Relativo ou pertencente ao imán ou ao magnetismo.
    • Exemplo: Agulla magnética. Fenómenos magnéticos.

  2. Que posúe as propiedades do imán.
    • Exemplo: A agulla do compás é magnética.

  3. (Figurado) Que exerce unha forte atracción ou influencia sobre algo ou alguén.
    • Exemplo: Ese profesor ten unha personalidade magnética.

Termos relacionados

agulla magnética, banda magnética, cabeza magnética, campo magnético, cinta magnética, circuíto magnético, compás magnético, declinación magnética, disco magnético, inclinación da agulla magnética, indución magnética, norte magnético, permeabilidade magnética, pirita magnética, polo magnético, regra magnética, resonancia magnética, tarxeta magnética, variación magnética.