inglés antigo
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
galego
Substantivo masculino
Etimoloxía: De inglés e antigoPronuncia: aínda non temos a pronuncia desta palabra. Contribúe co Galizionario incorporándoa.
inglés antigo
- (Linguas do mundo) Tamén chamado anglosaxón é unha forma temperá da lingua inglesa que se falaba en boa parte do que hoxe é Inglaterra entre os anos 425 e 1125 aproximadamente. Era unha lingua flexiva con moita liberdade na orde das palabras, ao contrario do inglés actual. Gardaba unha grande semellanza con outras linguas xermánicas, especialmente co frisón antigo e o saxón antigo, porque aínda non recibira a influencia do francés que a partires do século XII provocaría o cambio do inglés antigo ao medio. Cos normandos no poder, o inglés antigo perdeu o prestixio que tivo anteriormente, o que provocou que se desmembrara en multitude de dialectos, dialectos coñecidos co nome de inglés medio.
Sinónimos
Traducións
- francés : anglo-saxon (fr) ou vieil anglais (fr)
- inglés : Old English (en)
- inglés antigo : englisc (ang)