herba

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Wikipedia
Vexa na Galipedia o artigo acerca de herba


Táboa de contidos

galego

Open book 01.png Substantivo feminino


singular plural
herba herbas


  1. (Botánica) Denominación xenérica para as plantas de talos brandos (non leñosos) e verdes. Normalmente son de ciclo anual. Estou lendo 'Sombra do aire na herba', de Pimentel.
  2. (Colectivo) Conxunto destas plantas. Mañán cedo hai que ir apañar herba.
  3. (Coloquial) Marihuana, cannabis. ¿Podes pasarme algo de herba?

Observacións

Numerosas especies herbáceas denomínanse popularmente co nome de herba máis algún calificativo: herbaboa, herba de san Xoán, herba trigueira, etc.

Open book 01.png Locución

  • En herba: dise do trigo, centeo, etc., que aínda non maduraron.
  • Herba seca: feo, herba segada e seca que se dá a comer ó gando.
  • Mala herba: dise de calquera herba que crece entre os cultivos e contra a que loitan os agricultores por diminuí-la produción da leira.
  • Medrar como a mala herba: aplícase ós problemas e dificultades que xorden inesperadamente.
  • Sentir crecer/nacer a herba: presumir de ser moi perspicaz e darse conta de todo.

Nuvola filesystems www.pngTraducións

Ferramentas personais