gráfico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /ˈɡɾa.fi.ko̯/ (AFI)

Substantivo

gráfico (ms: gráfico; mpl: gráficos; fs: gráfica; fpl: gráficas)

  1. Pertencente ou relativo á escritura e á imprenta.
    • Exemplo: En galego, en contra do portugués, non existen diferenzas gráficas entre vogais abertas e fechadas. Este artista realizou importantes traballos en obra gráfica.

  2. Que se representa, describe ou explica algo por medio de debuxos, liñas ou figuras.
    • Exemplo: Signos gráficos. Imaxes gráficas.

  3. Que suxire ou expresa con gran vivacidade e claridade aquilo que representa e pretende expresar, coma se o debuxase.
    • Exemplo: Esa frase que diseches é moi gráfica. As súas palabras foron moi gráficas.

Substantivo masculino

gráfico (sg: gráfico; pl: gráficos)

  1. Liñas ou debuxos que representan a variación, a evolución ou os diversos graos ou estados dunha cousa.
    • Exemplo: No xornal aparecen os gráficos cos resultados das eleccións.

  2. Representación de algo por medio dun debuxo.
    • Exemplo: No folleto publicitario do hotel incluíase un gráfico para indicar a súa situación.

Substantivo feminino

gráfica (sg: gráfica; pl: gráficas)

  1. Liñas ou debuxos que representan a variación, a evolución ou os diversos graos ou estados dunha cousa.
    • Exemplo: Consultou as gráficas das vendas da empresa.

Termos relacionados

acento gráfico, artes gráficas, chiste gráfico, grafía, graficamente, grafismo, reportaxe gráfica, representación gráfica.