gastrite
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Táboa de contidos |
Galego
Substantivo feminino
gastrite (sg: gastrite; pl: gastrites)
- (Medicina) Inflamación das paredes do estómago, por causas químicas ou microbiolóxicas, de carácter agudo ou crónico.
- Observacións: Adoita referirse á inflamación da mucosa do estómago.
- Sinónimos: endogastrite, mucogastrite
- Exemplo: Non bebas tanto que vas rematar cunha gastrite.