fráncico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «fráncico».
Vexa no Galizionario as palabras en fráncico.
  • Pronuncia: /ˈfɾanθiko̝/ (AFI)

Substantivo masculino

fráncico

  1. (Lingüística) Lingua xermánica occidental falada polos francos entre os séculos V e IX.
    • Exemplo: Durante a dinastía merovinxia, a lingua fráncica tivo unha influencia significativa nas linguas romances faladas na Galia e, como resultado, moitas palabras modernas do francés e topónimos (incluíndo o nome do país, Francia) teñen orixe xermánica

      .

Sinónimos

Traducións

Adxectivo

fráncico (ms: fráncico; mpl: fráncicos; fs: fráncica; fpl: fráncicas)

  1. Relativo ou pertencente á lingua homónima.