filón

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /fi.'loŋ/ (AFI)

Substantivo masculino

filón (sg: filón; pl: filóns)

  1. (Xeoloxía) Depósito subterráneo, estreito e longo, dunha masa mineral.
    • Exemplo: Descubriron un novo filón de pirita.

  2. (Figurado) Materia, negocio ou recurso dos que se espera obter un gran proveito.
    • Exemplo: As carreiras de cabalos na praia de Sanlúcar de Barrameda parece que constitúen un filón económico para a localidade.