eslamiado

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [eslaˈmjaðo̝] (AFI)

Adxectivo

eslamiado (ms: eslamiado; mpl: eslamiados; fs: eslamiada; fpl: eslamiadas)

  1. Que ten pouco ou ningún sabor.
    • Sinónimos: insípido, insulso
    • Antónimos: salgado
    • Exemplo: O pan será desde este venres máis eslamiado por Real Decreto.
      La Opinión de A Coruña (2022) O pan será máis eslamiado desde este venres.

  2. Que ten pouco interese, que carece de esencia.
    • Sinónimos: insubstancial
    • Antónimos: interesante
    • Exemplo: Sería unha batalla destinada a atraer a mocidade baixo un eslogan insulso, eslamiado e insubstancial.
      Abuín de Tembra, Avelino (2007) Galicia Hoxe (Xornal)