esbirro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [esˈβiro̝] (AFI)

Substantivo masculino

esbirro


singular plural
esbirro esbirros
  1. Expulsión brusca e estrepitosa, pola boca e o nariz, de ar dos pulmóns debido á irritación da mucosa nasal.
    • Variantes: espirro
    • Exemplo: Pechou o pub e encamiñouse á casa entre toses, esbirros e calafríos.
      Casal, Uxía (2006) Vidas exemplares.