dicer

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Etimoloxía: do latín dicere

Verbo transitivo

dicer

  1. dicer é unha palabra considerada incorrecta. A forma correcta é dicir.

Aparece dicer recollida nalgunha canción popular, como na que recolleu J. Pérez Ballesteros, Cancioneiro Popular Galego, II, 2:

Á túa nai xa llo dixen,

a teu pai voulle dicer;

a ti non che digo nada,

fai o que che parecer.

Ademais, aínda está vivo nalgunhas zonas dialectais o imperativo díce(lle) en xente de certa idade, e hai zonas que posúen o dialectal decer (variante de dizer), polo que nalgún momento dicer era a forma habitual, a cal se foi substituíndo polo castelán dicir.