diagnóstico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «diagnóstico».
Un médico comunica o diagnóstico a un enfermo

Substantivo masculino

diagnóstico (sg: diagnóstico; pl: diagnósticos)

  1. (Medicina, Veterinaria) Acción de diagnosticar, establecemento da enfermidade que padece o paciente en base á valoración dos síntomas, signos, lesións, probas diagnósticas, etc.
    • Exemplo: Por máis que lle miraron no hospital, ninguén lle deu un diagnóstico seguro do seu mal.

  2. Previsión sobre algunha cuestión tralo seu estudo.
    • Exemplo: O diagnóstico do futuro da empresa é ben negro.

Termos relacionados

Traducións