diacrítico

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /d̪jaˈkɾi.t̪i.ko/ (AFI)

Adxectivo

diacrítico (ms: diacrítico; mpl: diacríticos; fs: diacrítica; fpl: diacríticas)

  1. (Lingüística) Dito dun signo ortográfico, que serve para modificar o valor dunha letra ou dun signo de representación fonética.
    • Exemplo: O adverbio máis leva acento diacrítico para distinguilo da conxunción mais.

  2. (Medicina) Dito dun síntoma ou dun sinal, que permite distinguir unha enfermidade doutra.
    • Exemplo: As análises diacríticas demostraron que non se trataba dunha hepatite

      .