bastardo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Adxectivo

bastardo (ms: bastardo; mpl: bastardos; fs: bastarda; fpl: bastardas)

  1. Fillo nacido fóra de matrimonio.
  2. (Zooloxía) Que non é de pura raza.
    • Exemplo: Éche un can de palleiro, bastardo, de mil pais, pero cariñoso como ningún.

    • Sinónimos: cruzado, mestizo.
  3. (Figurado) Que degrada a natureza ou os motivos dunha acción.
    • Exemplo: Só os seus intereses bastardos poden explica-lo seu voto.

    • Sinónimos: indigno, innobre, ruín.
  4. Certa variedade de uva.
    • Observacións: Nesta acepción só corre como adxectivo feminino.


Substantivo masculino

bastardo (sg: bastardo; pl: bastardos)

  1. Especie de presebe para colocarlle a herba seca ó gando, a modo dunha escaleira disposta horizontalmente en ángulo agudo coa parede.
  2. Fillo nacido fóra de matrimonio.

Traducións


Italiano

Adxectivo

bastardo

  1. Bastardo.

Substantivo masculino

bastardo

  1. Bastardo.