barómetro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «barómetro».
Barómetro metálico
  • Pronuncia: /ba.ˈɾo.me.tɾo/ (AFI)

Substantivo masculino

barómetro (sg: barómetro; pl: barómetros)

  1. (Física) Instrumento que serve para medir a presión atmosférica.
    • Exemplo: Hai varios tipos de barómetros.

  2. (Figurado) Cousa que se considera índice ou medida dun determinado proceso ou estado.
    • Exemplo: A prensa dun país é un barómetro do grao de cultura do seu pobo.

Termos relacionados

barógrafo, barométrico, barómetro aneroide, barómetro de mercurio, barómetro holostérico, barómetro metálico, barómetro rexistrador.