atlante

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «atlante».
O mouro de Santa María de Mourente (Pontevedra) sostén o púlpito a modo de atlante

Substantivo masculino

atlante (sg: atlante; pl: atlantes)

  1. (Arquitectura) Estatua masculina que ten a función dunha columna ou piar e sostén un entaboamento sobre a súa cabeza ou nos ombreiros.
    • Exemplo: Non deixes de ir ver o mouro de Mourente, que debe ser o único atlante que temos en Galicia.

    • Sinónimos: telamón
    • Observacións: Cando se trata dunha figura feminina equivalente, recibe o nome de cariátide.

Termos relacionados

Traducións