arrecife de coral

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «arrecife de coral».
Estrela de mar azul na Gran Barreira de Coral
Localización dos arrecifes de coral
  • Pronuncia: /a.re.ˈθi.fe/ /ðe/ /ko.ˈɾal/ (AFI)

Locución substantiva masculina

arrecife de coral

  1. (Ecoloxía) Un arrecife de coral, arrecife coralino ou barreira coralina é un tipo de arrecife que se desenvolve en augas tropicais. Aínda que os corais supoñen a maior parte da infraestrutura e a masa dun arrecife de coral, os organismos máis responsables no crecemento do arrecife contra o constante acoso das ondas oceánicas son as algas calcáreas, especies de algas vermellas. Os corais non realizan fotosíntese, pero viven nunha relación simbiótica con estas algas microscópicas que si realizan a fotosíntese, como peridinios dinoflaxelados (Zooxanthellae).Para garantir o crecemento do arrecife de coral requírese unha temperatura da auga de entre 20 e 28 °C.Os arrecifes de coral atópanse nos océanos, generalmente entre o trópico de Cáncer e o trópico de Capricornio, debido a que os corais construtores de arrecifes viven nestas augas. Estes corais atópanse principalmente na zona fótica (menos de 50 metros de profundidade), onde a luz solar alcanza o chan e ofrece aos corais suficiente enerxía. Debido a isto, os arrecifes de coral crecen a maior velocidade en augas cristalinas, onde a luz solar é menos absorbida pola auga oceánica.Das aproximadamente 48.000 especies recoñecidas de vertebrados, máis das metade, uns 24 600, son peixes. Destas, máis do 60 por cento viven exclusivamente en ambientes mariños. A pesar que os arrecifes de coral son menos do un por cento da área total dos océanos do mundo, aproximadamente a metade de todas as especies coñecidas de peixes mariños atópanse concentrados nestas augas tropicais pouco profundas. Os humanos constitúen aínda a maior ameaza para os arrecifes de coral. En particular a contaminación terrestre e a sobrepesca son as maiores ameazas para estes ecosistemas. Os arrecifes coralinos máis famosos son a Gran Barreira de Coral, ao norte de Australia, e a Barreira de Coral de Belize