antropoceno

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «antropoceno».

Substantivo masculino

antropoceno (sg: antropoceno; pl: antropocenos)

  1. (Historia) Época histórica, a máis recente do período Cuaternario, caracterizada polos cambios xeofísicos e biolóxicos causados polo home, cambios que provocaron un impacto significativo na xeoloxía da terra e nos ecosistemas.
    • Exemplo: Aínda non existe consenso entre os científicos sobre se o Antropoceno é realmente unha escala de tempo xeolóxico.

    • Observacións: Nesta acepción escríbese con maiúscula inicial: "Antropoceno".
    • Observacións: O Antropoceno abarcaría, segundo uns, desde a Revolución industrial do XVIII, ou, segundo outros, desde os anos 50 do século XX.

Adxectivo

  1. (Xeoloxía) Pertencente ou relativo ó Antropoceno.

Traducións