alma

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «alma».
  • Pronuncia: /ˈal.ma̝/ (AFI)

Substantivo feminino

alma (sg: alma; pl: almas)

  1. (Relixión) Principio espiritual do que forma parte a conciencia.
  2. (Psicoloxía) Función do sistema nervioso central dos animais e do ser humano, obxecto de estudo da psicoloxía.
  3. Dimensión psíquica do ser humano, en oposición á dimensión física.
  4. Dimensión emocional do ser humano, en oposición á dimensión racional.
  5. Aquilo que dá vida, pulo ou enerxía.
    • Exemplo: É a alma da festa.

  6. Esencia inmaterial, principio sensible dos animais e vexetativo das plantas.

Expresións

Traducións


Azarí

  • Pronuncia: [ɑɫˈmɑ] (AFI)

Substantivo

alma

  1. (Alimentación) (Botánica) Mazá.


Castelán

Substantivo feminino

alma (sg: alma; pl: almas)

  1. Alma.


Galego-portugués

Substantivo feminino

alma (sg: alma; pl: almas)

  1. Alma.


Kotava

  • Etimoloxía: unha raíz inventada arbitrariamente
  • Pronuncia: ˈalma (AFI)
alma

Substantivo

alma

  1. Pel.


Portugués

Substantivo feminino

alma (sg: alma; pl: almas)

  1. Alma.