Abies

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Nome científico

Open book 01.png Substantivo

  1. (Botánica) Xénero de plantas ximnospermas da familia das pináceas que comprende unhas 50 especies arbóreas, distribuídas nas rexións temperadas do norte, e presentes soamente nas montañas en zonas tan meridionais como México, España e Alxeria, que son coñecidas con nome de abetos.
Pinsapo (Abies pinsapo) na Sierra de las Nieves, España
Abeto grego (Abies cephalonica) en Tesalia, Grecia
Abeto das Montañas Rochosas (Abies lasiocarpa) no Parque Nacional do Monte Rainier, EE.UU.

Observacións

Ao ser un nome científico e, por tanto, en latín, debe escribirse en cursiva: Abies.