vesícula seminal
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /beˈsi.ku.lɐ sɛmiˈnal/ (AFI)
vesícula seminal (sg: vesícula seminal; pl: vesículas seminais)
- (Anatomía) Glándula par situada na parte posterior da vexiga urinaria, cuxa función é segregar un líquido que actúa como nutriente e protector dos espermatozoides. As vesículas seminais desembocan na zona final dos condutos deferentes.