tiña
Aparencia
Galego
- Pronuncia: [ˈti.ɲɐ] (AFI)
tiña
singular | plural |
tiña | tiñas |
- (Medicina) Enfermidade da pel, máis frecuente na cabeza pero que tamén pode afectar outras zonas do corpo. Provoca a caída do pelo e descamación da pel en pencas redondas, brancogrisáceas e costrosas, vulgarmente chamadas rosas.
- Sinónimos: dermatomicose, rosas, tricomicose.
- Observacións: Pode estar causada por tres tipos de fungos: Trichophyton, Epidermophyton e Microsporum.