Saltar ao contido

rocha sedimentaria

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «rocha sedimentaria».
  • Pronuncia: /ˈrɔt͡ʃa̝seðimenˈtaɾja̝/ /ˈrɔt͡ʃa̝seðimɛnˈtaɾja̝ (AFI)

Locución substantiva feminina

rocha sedimentaria (sg: rocha sedimentaria; pl: rochas sedimentarias)

  1. (Petroloxía) Rocha formada a partir de materiais que proveñen do ciclo de denudación dos continentes polos procesos de erosión e transporte, e que rematan formando sedimentos, os cales, polos procesos de litificación, convértense en rochas.
    • Exemplo: Segundo a súa orixe, distínguense tres tipos de rochas sedimentarias: clásticas, de precipitación físico-química e orgánicas.

    • Sinónimos: roca sedimentaria.

Termos relacionados

Traducións