Saltar ao contido

rectángulo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «rectángulo».
Fiestras rectangulares nun edificio da Granxa (Sanxenxo)
  • Pronuncia: /rɛkˈtaŋɡulo̝/ (AFI)

Substantivo masculino

rectángulo (sg: rectángulo; pl: rectángulos)

  1. (Xeometría) Paralelogramo cuxos catro lados forman ángulos rectos entre si. Os lados opostos teñen a mesma lonxitude.
    • Exemplo: As diagonais dun rectángulo son iguais, e córtanse no punto chamado centro.

Traducións

Adxectivo

rectángulo (ms: rectángulo; mpl: rectángulos; fs: rectángula; fpl: rectángulas)

  1. (Xeometría) Que ten un ángulo recto, de 90°.

Traducións

Véxase tamén