Saltar ao contido

febreiro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «febreiro».
En febreiro cómpre quentarse ó lume
  • Etimoloxía: do latín februare, "purificar, limpar", porque era orixinalmente o derradeiro mes do calendario romano; de feber, relacionado co galego febre.
  • Pronuncia: [feˈβɾej.ɾʊ] (AFI)

Substantivo masculino


singular plural
febreiro febreiros
  1. (Tempo) Segundo mes do ano no calendario gregoriano e o calendario xuliano, que ten 28 días, ou 29 se o ano é bisesto.
    • Exemplo: En febreiro, sete capas e un sombreiro.

Traducións